la orensana
La Orensana. Rebeca Guede. Avenida Fragoso 55, Vigo, 672850909. Curiosa simbiose entre cociña canaria e galega con moitos toques foráneos. Os domingos, gran cocido. Servizo atento e prezos bastante populares.
Para darlle unha festa ao corpo en Pontevedra e provincia.
La Orensana. Rebeca Guede. Avenida Fragoso 55, Vigo, 672850909. Curiosa simbiose entre cociña canaria e galega con moitos toques foráneos. Os domingos, gran cocido. Servizo atento e prezos bastante populares.
Alium. Rúa Ecuador 80, Vigo. 697883367. Restaurante e tapería cen por cen sen gluten sen renunciar a técnicas nin sabores. Trato amable e familiar. Interesante e asequible menú do día.
Pazo da Buzaca é a oferta de Pepe Vieira para celebracións. Lugar de San Lourenzo, Moraña, 986235342. Espazo privilexiado e unha oferta gastronómica, moi configurable, respaldada por dúas estrelas Michelín.
Chiringuito Punta Furado. David García Otero. Punta Furado, A Illa de Arousa. 621343448. Ubicación espectacular na parte norte da Illa. Atractiva oferta de corte mariñeiro-galego a prezos razoables. Servizo eficiente.
chiringuito punta furado Ler máis »
Taberna O Fiolato. Rúa Santa Lucía 51, Dena (Meaño). 649506684. Herdeira do modelo furancho. Carta reducida pero rica. Viño Albariño especialmente bo. Trato amable e familiar. Prezos comedidos. Moito éxito.