casa rosita

Casa Rosita, Cambados, non necesita presentación. Peixes e mariscos de primeira calidade resumidos nun prato estrela: o salpicón de mariscos; é histórico en todo o Salnés e traspasa as fronteiras.

Casa Rosita 01

Conservo unha factura de Rosita dos anos oitenta; cando aínda estaba no centro da vila, na rúa Isabel II, nun primeiro piso…
Xa choveu. Pero daquela xa tomamos o salpicón. Por aqueles tempos Carmen estaba no colexio de Tremoedo e eran míticos os menús do día de Rosita dos luns: marisco a rachar; o marisco que quedara da voda do domingo.

Si, o tempo pasa que non nos enteramos. Pensei que Rosita xa estaba neste blog pero non, non atopo a entrada por ningures; isto quere dicir que xa había dez anos que non lle faciamos unha visita. Busco nas facturas e atopo unha do ano 2005, un día de san Pepe; e, claro, tamén o salpicón… A diferenza: nos anos oitenta 900 pesetas a ración, no ano 2005, a 11.50 euros.

O sábado tamén estabamos de celebración, a xubilación do noso amigo Luís. Cada día que pasa somos un máis no club…

Marisco e postres. Para beber, Viña Costeira. Aí vai a testemuña en imaxes:

Casa Rosita 03
A ensaladilla oferta da casa

Casa Rosita 05
Xenuíno polbo estilo feira

Casa Rosita 07
Os mariscos propiamente ditos

Casa Rosita 08Casa Rosita 09Casa Rosita 10
Detalles dos mariscos

Casa Rosita 11
Os lagostinos na prancha

Casa Rosita 12
A vieira

En Casa Rosita non descoidan as sobremesas. Son, tamén, míticas, as súas filloas (neste caso recheadas de xeado de nata ou vainilla), e a gran atracción foron os amorodos con nata (e algo máis: un fantástico follado que se converteu nun dos protagonistas da comida).

Casa Rosita 13Casa Rosita 14

Casa Rosita
Mercedes Pérez

Lugar de O Riveiro, 8
36634 Cambados (Pontevedra)
986 542 878
Web
Facebook
GPS: 42.529309N  8.810983O
Cociña: caseira, galega, mariñeira.
Prezo: menú 18€. Sobre 35€ sen marisco
Peche: domingo
Repsol: mencionado
Michelín: mencionado como restaurante de hotel
TripAdvisor: número 5 de restaurantes en Cambados


Translate »