algo arredor dos bonos para restaurantes

Choveu un anaco desde o día en que, neste mesmo foro, escribía sobre a crise económica e as súas certas consecuencias no sector da restauración.
Non había que ser ningún lince para prever que na maioría dos casos impúñase a necesidade de expremer as neuronas e buscar alternativas.

nove3

Atendendo ao principio económico básico de que para manter beneficios baixando prezos non queda outra que vender máis cantidade, nacen en Internet os sitios chamados de ‘compras colectivas’.

Debo recoñecer que ultimamente, e por necesidade, son adicto á compra de bonos neste tipo de páxinas; e todo, para non perder o pracer de poder comer de cando en vez en restaurantes que, hoxe por hoxe, e doutro xeito, resultarían inalcanzables para un peto de tipo medio.

Yayo Daporta 02Pepe Vieira 06

Ahí están as fantásticas experiencias en Pepe Vieira ou Yayo Daporta, estrelas Michelín que  ofrecen bonos mantendo o altísimo nivel dos seus locais; están, tamén, outros que, sen defraudar, están un par de chanzos por debaixo (Pandemonium) e non están por ningures outras que, por un aquel de malentendido respecto, non fun quen de escribir.
Teño pendente de escribir un novo e rotundo éxito no Eirado da Leña.

O principio básico das ‘compras colectivas’ é o de manter a competitividade coa mesma calidade, baixando prezos e vendendo máis.
Todos os bonos especifican a porcentaxe de rebaixa en relación a un prezo oficial de menú de degustación, tomado como referencia unha determinada data. Hai que especifica o menú ao máximo e quen se limita a resumir as condicións nun número de pratos.

A cuestión clave é que eu compro –e pago– un produto real dese restaurante; un menú concreto (si, claro, entendo e comparto o inevitable retrouso dos cambios por ‘cuestións de mercado’), o menú que está a comer o meu veciño da mesa do lado que non paga con bonos.
Se o ‘contrato’ é un x% de rebaixa por un produto con prezo contrastado, eu pago por ese produto, non por outro. É como se compro con bonos un Mercedes clase tal e cando vou recollelo me entregan un Volswagen, ou un Mercedes de clase inferior, ou un Mercedes da mesma clase que contratei pero cunhas prestacións ou acabados diferentes, máis axustados ao que eu paguei.

gruponove
(Imaxe: Blog de Ovidio Alegunde, fotógrafo)

E todo o anterior vén a conto, precisamente hoxe, porque veño de descubrir que catro cociñeiros do grupo Nove ofrecen menús de degustación a través do modelos ‘bonos’ desde a propia web do grupo.
Trátase de Pandemonium, Eirado da Leña, Casa Solla e Pepe Vieira-Camiño da serpe.

IMG_0030IMG_0049

E, como pretendo non ser dos que tiran a pedra e agochan a man, unha vez aberta a porta da crítica negativa, dicir que a única experiencia negativa (menos positiva?) de menú con bonos en restaurantes de prestixio foi no Silabario.
Nada que dicir do trato, da atención, nada que dicir da cociña. A crítica está no menú, na selección de pratos que nos puxeron; independentemente de que todos eles estaban moi bos, ningún pertencía nin ao menú de degustación da tempada, nin sequera á proposta xeral da carta.
Por poñer dous momentos, o inicial e o final, dicir que o menú saía cunha costeliña de porco e que acababa, antes das sobremesas, como principal de carne, cun prato de polo.

Etiquetado en: , ,

Translate »