abac

Xa me gustaría ter ido eu…, pero non. Transmito as impresións e sentimentos de Carmen e Hugo na súa visita a Abac, en resumo “agora xa só nos queda Diverxo”.

Restaurante Abac 2

ABaC, na antigüidade, mesa destinada a amosar as ofrendas, os obxectos de oro e prata…
Non vou escribir moito.
Mentres viamos as fotos, deixei que falasen, algunha matización e pouco máis.
O diálogo resultou ata monótono: “Ah, que bo!”, “Lembras…?”, “Que rico!”, “Isto sorprendeume”, “Aquilo evocoume…”, “Delicioso”, en fin, nada novo para un cociñeiro da talla de Jordi Cruz e o seu restaurante.
Ao principio crin poder destacar algún dos momentos, pero ao final resultou que, entre ambos, H e C, ou C e H, que tanto monta, a valoración “isto foi do que máis me gustou”, podería ser aplicable a todo o menú sen excepción, de principio a fin, desde a manteiga coas súas finas codias de pan ata os doces en cabaza.

Limítome a presentar as fotografías co seu correspondente nome.
Velas e deleitarse, sentilas e devecer por elas, sentir sa envexa (non existe a envexa sa) é todo un.

Restaurante Abac 7

Pompas de mazá cos aliños dun mojito

Restaurante Abac 6

Gilda de Mar

Restaurante Abac 10   Restaurante Abac 11

Manteiga abelá montada con finas codias de pan e caviar

Restaurante Abac 14

Blody Mary on the rocks

Restaurante Abac 15

Navallas e ameixas con infusión de tomates e aliños de cóctel con aire de madeiras de bourbon

Restaurante Abac 18   Restaurante Abac 19

Ostra escabechada en kombucha de mazá e setas conservadas

Restaurante Abac 23

Tomate de colgar pasificado con pan de herbas e texturas de parmesano

Restaurante Abac 25 Restaurante Abac 21 Restaurante Abac 61

Oda París Vasco: Txuleta, pementa verde, consomé ao Xerez, café de París e salsa de cóctel

Restaurante Abac 29   Restaurante Abac 30

Lura á romana e petisú de tintas ao xeito dun bocata de luras

Restaurante Abac 27   Restaurante Abac 31

A Caixa Chinesa: Pan frito de anguía á brasa, Wasabi fresco e “All i oli” de anguía afumada

Restaurante Abac 33

Escudella de col con gnochis de coliflor ao gruyer, pilota, manteiga abelá e trufa branca

Restaurante Abac 35

Gamba vermella curada con texturas de picada, zume de suquet de abelás guisadas e pan de romesco á brasa

Restaurante Abac 36

Zume de cebola de Figueras e ovo de poliña facendo referencia a unha sopa de cebola
e
Pan chinés de queixo con trufa lío e papel de peles de cebolas asadas

Restaurante Abac 39   Restaurante Abac 41

Carré de cordeiro de dúas semanas con salsa yakiniku

Restaurante Abac 44

Baixo un carazo de flores frescas e desecadas, texturas de iogur, crocante de galletas e xeado de violetas

Restaurante Abac 37   Restaurante Abac 45

A auga das conciencias humanas

Restaurante Abac 50

O Peido Celestial

Restaurante Abac 52

Globo de cereixas e piruletas con begonias e faba tonka

Restaurante Abac 54
Restaurante Abac 55  Restaurante Abac 56
Restaurante Abac 57  Restaurante Abac 58
Restaurante Abac 59  Restaurante Abac 60

Doces en cabaza

Como resumo, en liñas xerais a cociña de Jordi Cruz non agocha segredos: tradición e modernidade ao 50% e un 100% de calidade do produto.

O local, obra do arquitecto Antoni de Moragas, loce en todo o seu esplendor a teima polo deseño que caracteriza ao autor do proxecto.
Non atopo mellor descrición que a que lemos na propia web do restaurante: “Chan de tarima de carballo encerado con tinturas grises de aires rústicos. Mesas ovaladas que outorgan carácter ao espazo e proporcionan intimidade ao comensal. Lámpadas de luz cenital e perimetral que dan protagonismo ao prato e calidez ao entorno. Téxtiles de cortina fina e raso en tonalidades grises que enmarcan os grandes ventanais con vistas ao xardín. Portas e mobles en carballo macizo ‘spazzolato’ e unha libraría de ébano con insercións de latón.”
Falando en prata a través dos que si puideron gozar del, moi bonito, agradable, moderno, cálido…

Comentan que o servizo é óptimo, a mestura perfecta entre profesionalidade de academia e unha proximidade que se permite, de cando en vez, mesmo algunha brincadeira.

E, xa por fin, o compoñente teatral que adoitan ter estes locais extraterrestres; teatralidade na que non pode faltar a visita ás mesas do director-actor protagonista. No mundo mediático no que nos movemos (e máis concreto, “se moven”), na era das redes sociais, que eles sabe utilizan como niguén, e despois de pagar unha cantidade que se move no obsceno, ver en vivo a cara que coñeces ás veces ata o atragoamento, que che dedique os teus segundos de gloria, paréceme im-pres-cin-di-ble, segundo a miña opinión, eses segundos de atención personalizada van incluídos no prezo.
Contan que Jordi Cruz non defrauda; sae ao comedor e, mesa a mesa, reparte mancheas de carisma, afecto e proximidade… e o tempo e a conversa que ti decidas levar de recordo.

O prezo do menú é de 250 euros por persoa, bebidas á parte.
Creo intuír que H e C están moi lonxe do arrepentimento por ter pagado tan estratosférico prezo.
Hugo, un pouco máis esixente que Carmen, quéixase dunha areíña na ameixa, dun prato que era diferente para os dous (un dos acompañamentos nun monto dobre ou sinxelo) e que non sabe dicir se o correcto era un, os dous…, ou á hora de verdade, tanto ten. É el o que pon a énfase en que “de aquí ao ceo”, ou, traducido ao noso vocabulario, o da xente vulgar, “agora só nos queda ir a Diverxo”.

ÀBaC
Jordi Cruz

Avenida do Tibidabo 1
08022 Barcelona
+34 933 196 600
GPS: 41.410598N, 2.136445O
abacrestaurant.com
Facebook
Instagram
Cociña: creativa
Prezo: 225€
Repsol: 3 soles
Michelín: 3 estrelas