a taberna do adolfo

Disque na Taberna do Adolfo podemos beber o mellor albariño caseiro do Salnés, que, cando menos, alí é onde van bebelo os vellos mariñeiros da zona (Capítulo 0: A taberna do Adolfo: onde os vellos mariñeiros de Santomé van beber o albariño).
Hoxe fomos comprobalo.
A primeira dificultade está en saber chegar. A Taberna nin quere, nin necesita, de ningunha publicidade, abonda cun encanastrado letreiro de venda de tabaco na porta.

Xa dentro resposta ao modelo dominante: espazo amplo case sempre cheo.
Á Taberna de Adolfo vaise polo viño, que serven acompañado de media ducia de mexillóns ao vapor.
Fóra disto, pouco máis. As navallas (espectaculares) e, con sorte, un anaco de empanada. E máis nada.

Só para o viño de antes de comer co mexillón ou a navalla que preparen a boca para saborealo mellor. Pero que viño!

A Taberna do Adolfo
Lugar de Sineiro – Estrada de Cambados
36633 Cambados
GPS: 42º 51’ 54”N 8º79’29”
Localización en Mapas de Google


Translate »