a historia da arte contada por e.h. gombrich

Días atrás, A árbore da Veira, e un pouco de pasada, xustificaba a miña reconversión gastronómica á fe dos que viven cada segundo, o carpe diem de Horacio, de todos os que queren atrapar  cada momento da vida.
Si, a partir de xa quero ir ao restaurante a disfrutar, a comer, a deixarme levar polos sentidos e, efectivamente, sentir, sentir, sentir cada bocado.

carpediem

Vai isto en contra dos tempos nos que, ante unha comida, primaba o intelecto e centraba os sentidos en escribir ao pé da letra o nome co que o cociñeiro bautizaba cada prato; e tentaba diseccionar aqueles sabores agochados que estaban na definición; e tamén os ocultos que non estaban pero si aparecían; e analizar (?) ata que punto harmonizaban todos eses sabores-olores, por separado e en conxunto; e o contraste de texturas; e as técnicas; e…
En fin, acabada a comida era tal o caos na cabeza que a memoria reducíase a lembrar pequenos detalles tralos que desaparecía o conxunto; agora era o tempo dos esforzos por lembrar, por ordenar, desmenuzar, sintetizar as análises previas.
E por aí, por cada unha desas fendedelas do tempo e o vocabulario escapaba a esencia da comida.

gombrich6

Daquela acendeuse a luceciña e asomou unha das miñas debilidades bibliográficas: A historia da arte contada por E.H. Grombrich (Debate, 1950; primeira impresión en castelán da decimosexta edición inglesa, aumentada, corrixida e redeseñada en 1997).

Se, como moitos pensamos, a gastronomía é cultura (‘a culinária faz parte da cultura popular’  diría un irmão portugués), por que non situarnos diante dun prato de comida como o faríamos fronte a un cadro, unha escultura, un edificio…?

E, para isto, quen mellor nos pode botar unha man é Gombrich.
Partindo de media ducia de premisas (ou quizá só se trate dunha: “a arte como tal, en realidade non existe, só existen os artistas”), cun estilo directo, claro, próximo, a maioría das veces apaixonado, Gombrich conta o conto de como evolucionou a arte desde o seu comezo ata os nosos días.

gombrich4Gombrich5gombrich3gombrichgombrich1

É un libro imprescindible dirixido a analfabetos da arte dispostos a lelo con ollos de neno para aprender a sentir diante dunha obra de arte alleos ás nosas propias crenzas e prexuízos.