a casa de cha da boa nova

A casa de cha da Boa Nova, Álvaro Siza, Matosinhos, é unha obra mestra da arquitectura do século XX, obxecto de desexo e peregrinaxe para amantes e afeccionados á arquitectura.

Boa_Nova_Tea_House_Renovation

A Casa nace en 1957 coma un concurso da Cámara de Matosinhos para pór en valor a costa do municipio e crear un observatorio desde o que participar do espectáculo do mar neste punto da costa.
Así, a principios dos anos 60, con apenas trinta anos, e da man do seu mestre-amigo-mentor, Fernando Távora, Álvaro Siza proxecta unha das obras que darían pé a unha das trayectorias máis recoñecidas da arquitectura europea do século XX.

DSC00087

Partimos, pois, dun espazo (promontorio costeiro con acumulación de rochas batidas tanto polo vento como polo mar) e dunha idea (revalorizar a franxa costeira do municipio, destacando a natureza e potenciando o espectáculo da propia natureza).
O resultado, un dos paradigmas que marcará a traxectoria de Siza na súa carreira: a construción da paisaxe.
Siza, como poucas veces se fixo e poucas se fará, recolle o testigo de Frank Lloyd Wright e da súa irrepetible Casa da cascada (Fallingwater) para integrar nunha construción os factores ambientales do lugar no que a propia casa vive. Proposta arquitectónica desde un respeto reverencial ao emprazamiento, procurando ao tempo participar del e, dalgún xeito, camuflarse dentro del.

1443339321_03257b90ae_b

O acceso ao edificio xa marca a experiencia. Un paseo de idas e vidas no que, aos poucos, imos descubrindo a construción e, ao mesmo tempo a paisaxe nun xogo de descubertas rodedadas do branco das pedras e as paredes rectas. Por un lateral, o que dá a terra, absolutamente pechado, de muros brancos sólidos coa sensación de estar encaixados no terreno e nos que xa se identifica o compoñente ‘escultural’ que marcará a obra de Siza. O resto, apenas obra; o mellor, obra sutil que abre e integra o edificio nas rochas e no mar ata lograr, por momentos, que todo sexa unha mesma unidade.

DSC00017 DSC00077

Unha vez dentro, e despois da renovación de 2014, a Casa de cha volve lucir en todo o seu esplendor coa presenza do deseñador en cada detalle.

DSC00078

Un xogo perfecto de pedra-cristal-madeira, cada material coa súa función e sumando a aportación necesaria ao conxunto. A madeira (dunha marcada tonalidade vermella) dá calidez, sensación de interior, de confort, de fogar… coa particular visión de Siza dos que eran os gustos decorativos ‘requintados’ da alta sociedade portuguesa daqueles principios dos anos 60. O cristal marca a transición entre dentro e fóra, entre a construción e a paisaxe construída, a man do home a carón da man da natureza. E, xa por fin, a pedra; a fusión, o equilibrio entre o resto de materiais.

DSC00001_2 DSC00068

E agora, no medio, a gastronomía de Rui Paula e de todo o seu equipo para elevar a experiencia ata límites dificilmente igualables.