o largo da costa

O largo da costa, Vigo, está a coller un importante pulo local pola calidade e tratamento das carnes e polas tapas e racións. Hoxe probamos o recomendable menú do día.

Vigo-OLargoDaCosta

O lugar é envexable, na Costa, en Castrelos, cunha vista sobre a cidade de Vigo inesperada e diferente.
Varios espazos cunha recomendación especial para os diferentes momentos do día e épocas do ano; adivino unha saudosa merenda, de tardiña de verán, na apetecible terraza sobre o val do Fragoso.
Servizo rápido e eficiente sen demasiadas concesións.
A carta é moi ampla e variada; vai desde as luras, as zamburiñas, os pescadiño ou as gambas ata  tortillas, zorza, croquetas, xamón asado, revoltos ou táboas.
Como pratos principais, o bacallau na brasa, o peixe sapo ou a pescada.
E, por suposto, as costela de tenreira ou porco, o solombo, entrecosto, segredo ibérico, picantón…

Aposta moi forte polos menús para grupos e celebracións.
Dous exemplos.
Empanadas, luras, croquetas, lagostinos cocidos e na prancha e ameixa á mariñeira, prato principial a elixir (bacallau, pescada rebozada, peixe sapo, tenreira asada ou parrillada de carne), viño albariño e mencía, sobremesas, cafés e licores, 60 euros por persoa.
Ou opción máis económica: empanadas, táboa de embutidos, croquetas, tortilla, luras, chipiróns ou ovos rotos (elixir dous entrantes) e parrillada de carne ou xamón asado, con viños, sobremesas, cafés e licores, 28 euros por persoa.

O menú do día ofrece tres ou catro entrantes e tres ou catro pratos principais, sobremesa, bebida e café, 12€
Trátase dun claro menú para o andamio: abundante, calórico, potente, graxento, sabroso.

O largo da Costa 4

Coincidimos nuns espagueti con ameixas; algo semellante a unhas ameixas á mariñeira, con tropezóns de mini gambas, mexillóns e croques, servidas sobre a pasta. Están realmente moi boas, substanciosas, e unha cantidade desorbitada.

O largo da Costa 8   O largo da Costa 13

Xamón cocido e queixo empanados con patacas e luras guisadas con arroz branco. Un pouco mellor, máis caseiro, o arroz con luras; o empanado, conxelado, de boa calidade, tamén está rico.

O largo da Costa 16   O largo da Costa 20

Torta da avoa e torta queixo, caseiras e ricas; mellor a de queixo que de galleta.

Con mencía da casa, auga e café, os 12 euros anunciados.

Non é un local gourmet, nin nada que se lle pareza, pero para as súas especialidades a un prezo razoable si resulta recomendable.

O largo da Costa 2

De sempre, o da publicidade é un mudo que me interesa especialmente.
Os manteliños de papel individuais son toda unha homenaxe aos inicios do anuncio individual  impreso.
Pureza del cutis. París, desde 1840. La leche antefélica o Leche Candés, pura o mezclada con agua, disipa pecas, lentejas, sarpullidos, arrugas precoces, rojeces. Pone y conserva el cutis limpio y terso.
Esa faz, joven doncella, que tu encanto desfigura, la tendrás muy fina y bella si usas crema Peca-Cura.
Dolor de cabeza, Neuralgias y jaquecas, desaparecen en cinco minutos con la Hemicranina del Dr. M. Caldeiro, 3 ptas.
Curación completa y rápida y en toda edad aún en los casos más graves, reciente o antiguos, con los maravillosos extractos de plantas de doctor G. Damman, de Bruselas (Bélgica), diferentes para cada enfermedad. Pedir folleto gratis teniendo cuidado de bien escribir la enfermedad que se quiere curar.
Neumáticos europeos Englebert. Fabricados en Lieja (Bélgica). Para auto, moto, velo. Esta casa no vende a particulares. En venta en los garajes de primera categoría.
El Vino Nourry (yodo y tanino) es el fortificante  y el depurativo más energético. Por su sabor agradable y su eficacia, el vino Nourry reemplaza ventajosamente al aceite de hígado de bacalao, y, además, despierta el apetito. Vino Nourry es un remedio soberano a ningún otro comparable.
Pulmoserum Bailly. Regenerador poderoso de los órganos de la respiración. Empleado en los hospitales, apreciado por la mayoría del cuerpo médico francés experimentado, por más de 30.000 médicos extranjeros. Modo de empleo: una cucharada de café por la mañana y otra por la noche.

En fin, nada que ver coa publicidade actual dos influencers que, dito sexa de paso, quédame tan lonxe como esta do século dezanove.

O largo da costa
Baixada á Laxe 5, Castrelos
36213, Vigo (Pontevedra)
986 47 29 81  /  630 573 537
GPS: 42.215304N,  8.721824O
restauranteolargo.com
Facebook
Instagram
Cociña: tradicional, carnes
Prezo: menú día 12€, carta 30€
Peche: luns; domingo noite