12 santuários de bem comer

Ou, tamén, Roteiro gastronómico pelos locais onde o prazer da boa comida, em abientes típicos, ainda conta muito, que tal é o subtítulo da reportaxe de portada da revista Visão da semana de 11 a 17 de agosto de 2011.

Revista Visão

Debo recoñecer que non sabía de ningún dos locais da reportaxe. Seica o seu mellor valor poida ser o de non estar nas guías convencionais.
Así, dos seis santuários da nosa área de influenza, só dous deles –o Flor do Campo, de Penafiel e A Tarraxa de Tabuaço– están nalgunha das guías consultadas para a miña lista dos mellores restaurantes do norte de Portugal.
No estudo equivalente centrado na cidade de Porto e arredores, non aparece ningún. 
De aí que, co permiso da Visão, tome prestados algúns dos datos da magnífica reportaxe asinada por Mário David Campos e Luísa Oliveira, para deixar rexistrados aqueles ‘santuários’ que están baixo os intereses deste blog: aqueles situados no norte de Portugal co Douro (e todo o seu val) como fronteira.

Revista Visão

Así, dos 12 locais que figuran na reportaxe, seis están a tiro dunha escapadiña para ir, gozar da comida, e regresar no día.
Claro que moito mellor se aproveitas a fin de semana para probar varios, ou mellor para coñecelos todos.
Do bo comer e beber deste noso Norte de Portugal fala ás claras a selección dos santuários que realizan os autores coa axuda do Chef Helio Loureiro: son seis, a metade xusta, os que están do Douro para o norte, nunha superficie que ocuparía, aproximadamente, o 20 por cento de todo Portugal.
Máis ou menos como na nosa Galiza. Unha tasca, adega, bar, mesón, loureiro… para cada doce ou quince habitantes…
A maioría pertence a zonas rurais e chama a atención a concentración de locais arredor do Douro.

Restaurante A Barraquinha. Foto da Revista Visão

A viaxe inaugurámola en Lavra (Matosinhos) con A Barraquinha, que, como non podía ser menos, está especializado en peixe e marisco ben fresquiños (sopa de peixe, camarão, polvo, rodavalho…). Boa oferta de viños e, sobre todo, boa cervexa. Prezo arredor dos 15 €.
A Barraquinha. Travessa de Angeiras 13. Lavra. Matosinhos. 935 101 668. Localización en Mapas de Google. GPS: 41º15’53.48”N  08º43’36.83”W

Café Caçana. Foto da Revista Visão

O seguinte desprazamento é o que nos queda máis cerca, en Viana aínda que cara ao interior, tirando para a serra D’Arga. O Café Caçana destaca polos produtos do porco(disque cada ano compran dez porcos para crialos a base de verduras e fariña de millo). Moelinhas, rojoes, caldo verde, enchidos… E para beber, o champarrião ben frío (preparado a base de cervexa, viño verde, gasosa, azucre e canela).
Café Caçana. Lugar de Espantar, Montaria, Viana do Castelo. 969 188 304.
Localización en Mapas de Google. GPS: 41º47’28”N  08º43’48”W

O Lameirinho. Foto da Revista Visão

A nosa seguinte etapa é Torre de Moncorvo. O Lameirinho serve, unicamente, peixe do veciño Douro, maioritariamente boga e barbo. Ben fritido, ben escurridiño, co mollo especial do que ben se gardan os toques secretos, e acompañado de migas. 
Lameirinho. Rúa Lameirão Cabanas de Baixo, Cabeça Boa. Torre de Moncorvo.
279 979 411. Localización en Mapas de Google. GPS: 41º11’19”N  07º08’58”W

A Tarraxa. Foto da Revista Visão

Seguimos no Douro e saltamos a Tabuaço, onde imos caer en A Tarraxa, lugar ao que se vai comer grellados (acompañados de arroz de feixóns). Pero non só; de entrada serven embutidos nunha táboa, con coitelo, para que cada quen corte ao seus gusto; a estrela é o presunto de porco bísaro a medio curar. E case fóra de carta, outra das especialidades da cociñeira: canjinha de vitela engrosada con gran de bico
A Tarraxa. Vila de Sendim. Tabuaço. 254 536 164
Localización en Mapas de Google. GPS: 41º02’57.50"N  07º32’21"W

Flor do Campo. Foto da Revista Visão

A penúltima etapa está en Penafiel e aquí vaise directo ao Flor do Campo a polo presunto, o bacallao, as alheiras de Mirandela, uns anacos de codorniz fritida ou un pica-pau, acompañados, iso si, dun bo pan crocante e o viño verde da casa.
Flor do Campo (Zé33). Rúa Abilio Miranda, 252. Penafiel. 255 213 533
Localización en Mapas de Google. GPS: 41º12’38.70"N  08º16’38"W

Tasca do João. Foto da Revista Visão

E xa para rematar imos pedir acougo a san Gonzalo en Amarante. A Tasca do João ten arroz de cabidela, cabrito asado, lamprea, troita á grella e enchidos de Lamego. Do viño verde de produtores locais disque consumen, por temporada, entre vinte e trinta pipas de cincocentos litros cada unha…
Tasca do João. Rúa santo André 1185. Padronelo. Amarante. 255 424 703
Localización en Mapas de Google. GPS (Aprox): 41º15’22"N 08º03’12"W

Non quero pechar a entrada sen lembrar, de novo, que lla debo á Revista Visão, á que pido permiso de utilización e agradezo de antemán.
Por último mencionar que tamén as fotos son da Visão.
Obrigado.

Etiquetado en: , ,

Translate »